11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: seguridade cidadá

    Dous policías feridos nunha complicada detención nun local de ocio nocturno de Redondela

    Un Policía Nacional unha axente da Policía Local de Redondela tiveron que ser atendidos de diversas lesións como consecuencia dunha complicada detención acontecida na mañanciña do domingo. Os feitos, aconteceron pasadas as 04:00 horas cando se recibiron numerosas chamadas informando de que un varón atopábase causando destrozos nun local situado na Avenida Mendiño.

    A Guarda mellora os servizos á cidadanía coa incorporación de dous novos auxiliares de Policía Local

    O Concello da Guarda conta dende fai uns días con dúas novas incorporacións ao corpo da Policía Local, trátase de dous novos auxiliares de Policía Local que veñen a completar a plantilla existente de 6 Policías Locais, sumando así un total de 8 axentes en servizo.

    Relevo no Posto Principal da Garda Civil de Baiona, Marcos Lago pasará a ser o novo tenente-comandante

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Álvarez, recibiu na Casa do Concello a Felix Díaz ata agora tenente-comandante do Posto Principal da Garda Civil de Baiona e a Marcos Lago, que o substituirá no cargo. Ante a partida de Féliz Díaz, Carlos expresoulle o seu "máis profundo agradecemento así como o da concellería de Seguridade Cuidadana, o da xefatura da Policía Local, o do Concello de Baiona e a cidadanía por estes 5 anos de servizo na cidade, nos que sempre existiu un traballo coordinado co policial local e co responsable de seguridade".

    Javier Losada apunta a unha combinación de “medidas sociais e de seguridade” ante o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas

    O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntou hoxe á unha combinación de medidas de carácter social e de seguridade cidadá para evitar o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas na Comunidade. Presidiu unha reunión operativa con mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil de Galicia, encabezados polo Xefe Superior de Policía, José Luis Balseiro, e o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez.

    Roberto Mera, “as detencións da fin de semana reflicten a eficacia da Policía Local diante de feitos illados, esporádicos e excepcionais”

    O goberno local saíu ao paso das críticas da oposición e defendeu o labor da Policía Local, a súa eficacia e o nivel de seguridade cidadá en Ponteareas. O concelleiro de Bo Goberno e de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, lembrou que na pasada fin de semana a Policía Local detivo a dúas persoas que agrediran a un veciño nunha terraza do Paseo Matutino.

    Redondela reforza a Policía Local coa incorporación de dous novos axentes

    O Concello de Redondela vén de incorporar ao cadro de persoal da Policía Local, dous novos axentes unha vez que superaron o curso realizado na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e concluído o seu período de prácticas. Os dous axentes foron recibidos na Casa do Concello pola alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Seguridade, Leonardo Cabaleiro, que lle deron a benvida ao cadro de persoal municipal. Con esta dobre incorporación, Redondela conta cun total de 20 efectivos entre mandos e axentes de policía.

    A seguridade cidadá, motivo de enfrontamento entre ACiP e o Goberno de Ponteareas

    O Goberno local de Ponteareas cualificou de "grave irresponsabilidade" as manifestacións de ACiP quen, a través da súa concelleira Raquel Bautista, aseguraba que a falta de patrulla nocturna "moitas noites da semana" provoca que "os veciños sofran roubos contastemente en locais de hostalería, comercio, empresas e garaxes".

    A Garda Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na Guarda

    A Garda Civil reforzará a súa presenza nas quendas nocturnas na Guarda, segundo lle confirmou na mañá de hoxe o subtenente do posto guardés, Eulogio Rivas, ao tenente de alcalde, Anxo Baz, no decurso da reunión que mantiveron para tratar temas relativos á seguridade cidadá.

    Incorpórase un novo axente ao cadro de persoal da Policía Local de Ponteareas

    A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, vén de dar conta da incorporación dun novo axente da Policía Local que pasará a engrosar o cadro de persoal da Policía local ponteareá. O novo axente iniciará agora a súa formación na Academia Galega de Seguridade. A responsable de...

    A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

    A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal existente. Do mesmo,...

    A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

    Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade na vila no que participará a...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.