Tag: peregrinos xacobeos
Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (VI): Nicolaus von Popplau e Hyeronimus Münzer
Nos relatos que vimos recollendo nesta serie sobre a literatura odepórica que conservamos dos peregrinos que pasaron polo cidade de Tui no seu camiñar cara Santiago de Compostela, n ano 1484 achegase outro nobre que nos deixa o seu relato. O polaco Nicolaus von Popplau ou Poielovo ou mesmo Popielovo, de Silesia, pertence a unha nobre familia polaca xermanizada; á morte do seu pai comezou unha longa viaxe o 2 de febreiro de 1483 coa intención de percorrer Europa de torneo en torneo.