19.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: museo municipal

    O alumnado de Ponteareas continúa coñecendo o concello a través da Biblioteca Municipal

    O alumnado de Ponteareas continúa coñecendo o concello a través da Biblioteca Municipal. Esta semana os mozos e mozas de 1º da ESO do IES Barral visitaron o Museo e a Biblioteca para coñecer a historia do municipio dende as épocas máis antigas, pasando pola etapa de cultura castrexa, Ponteareas medieval ata a época contemporánea, e o funcionamento destes dous servizos públicos.

    Alumnado do CIFP A Granxa de Ponteareas participa nunha visita guiada polo patrimonio cultural do río Tea

    Acompañados polo historiador do Museo Municipal de Ponteareas, o alumnado de Educación Ambiental do CIFP A Granxa asistíu a unha visita guiada polo Patrimonio Cultural do río Tea. Esta actividade enmárcase nunha das iniciativas de colaboración da Biblioteca Municipal de Ponteareas con todos os centros educativos da nosa vila...

    Conta atrás para as ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’ en Ponteareas

    A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, ultima os preparativos das que serán as 'I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado', unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e que supón unha oportunidade única de coñecer unha parte da nosa historia da man de arqueólogos, historiadores, antropólogos e expertos na materia totalmente de balde dende o luns día 2 ao venres día 6 de marzo.

    O Museo Municipal de Ponteareas reabre as súas portas con visitas guiadas

    Logo de pechar as súas portas durante uns meses para a realización das obras de mellora de eficiencia enerxética o Museo Municipal de Ponteareas volve abrir ao público o vindeiro mércores día 6, ás 19 horas, con importantes novidades. En colaboración coa Concellería de Vías e Obras que dirixe Chus Garrote executáronse obras en todo o edificio enmarcadas na estratexia de futuro 'Ponteareas, Hábitat Saudable'.

    Novos achados arqueolóxicos confirman a forte pegada dos romanos en Ponteareas

    Ninguén o dubidaba porque os restos arqueolóxicos así o demostraban pero novos achados veñen ratificar que os romanos deixaron unha forte pegada en Ponteareas. O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.