Tag: máscaras inclusivas
Nigrán fornece de máscaras inclusivas ao profesorado de todos os centros educativos do municipio e ao alumnado con necesidades especiais
O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' fornecendo de máscaras inclusivas ao profesorado de todos os centros educativos do municipio e ao alumnado con necesidades especiais. Estes EPIS teñen a zona da boca en PVC transparente, o que permite a lectura de beizos e a transmisión de emocións, cuestión fundamental para a comunidade xorda pero tamén para o persoal educativo de determinadas especialidades.