Tag: maría ortega
Ponteareas solicita á deputación unha axuda de 16.000 euros para mantemento do Servizo de Normalización Lingüística
O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra recibiu neste exercicio sete solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e a posta en marcha dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia. O Concello de Ponteareas foi un dos que presentou a solicitude de axuda por unha contía de 16.000 euros (o máximo permitido) para facer fronte ao custe de persoal do departamento municipal, que xa está en funcionamento. A petición será agora analizada polos técnicos provinciais e, se non se producen contratempos, será aprobada proximamente.
O Goberno da Deputación reivindica a Rosalía como “guía” do futuro de Galicia e do pobo galego
O Goberno da Deputación, a través da presidenta Carmela Silva e da deputada de Lingua e Patrimonio María Ortega, reivindicou hoxe a Rosalía de Castro como “guía” do futuro de Galiza e do pobo galego. Así o fixeron no acto institucional organizado co gallo do Día de Rosalía –que se celebra o vindeiro luns– e coincidindo co Día da Lingua Nai que cada ano se conmemora de maneira internacional o 21 de febreiro.
A Deputación inicia os pasos para integrarse na «Asociación de Entidades Locais pola Lingua»
A deputada provincial de Lingua, María Ortega, reuniuse coa directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua e manifestou o interese do organismo provincial en formar parte do colectivo, pola coincidencia plena cos seus obxectivos "de consolidar o papel normalizador das corporacións locais e xeneralizar o uso do galego como principal lingua de traballo coas persoas administradas, así como promover e dinamizar a lingua na sociedade en xeral".