12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: la sal cocinas louriña

    O equipo ciclistas ‘La Sal Cocinas Louriña’ presenta aos seus equipos para a tampara 2021

    A fonte de San Benito, no Porriño, xunto á escultura que honra ao gañador do Tour 2007, Óscar Pereiro, foi o escenario escollido polo equipo ciclista 'La Sal Cocinas Louriña' para presentar os seus equipos para a tempada 2021. Nacido en 2020, o club ten actualmente 110 licenzas e 5 equipos en categorías Elite e Menos de 23 homes e mulleres, Xuveníl feminina, BTT-XCO e Máster.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.