Tag: casa de apostas
O BNG, leva ao Parlamento a Casa de Apostas de Redondela
A deputada nacionalista, Alexandra Fernández, acompañada do portavoz municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, mantivo un encontro con representantes da Coordinadora en contra da casa de Apostas para dar conta dunha propoposición non de lei para debater no Parlamento, xunto a varias preguntas ao goberno autonómico, presentadas polo grupo nacionalista.
A Xunta de Galicia desestima as alegacións presentadas contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela
O Goberno local de Redondela vén de recibir un informe da Xunta de Galicia no que se comunica que, por parte da administración autonómica, procedeuse a desestimar todas as alegacións presentadas contra a instalación dunha casa de apostas na vila. Centros de escritos de asociacións e particulares, pedían “a denegación da licencia de apertura e actividades así como a revogación da autorización concedida pola Xunta en 2019”.
A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela comeza a recollida de alegacións
O pasado 30 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicaba o anuncio de apertura do periodo de exposición pública do Expediente 4982/2019 de tramitación de licenza municipal para salón recreativo de xogo. Dende ese día, a Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela tal e como viña anunciando, organizouse para estudar o expediente e elaborar escritos de alegacións para poñer a disposición da veciñanza.
O BNG “insta” á Xunta a revogar a autorización de apertura da casa de xogos en Redondela
Para o venres 25 está previsto un Mitin do Partido Popular en Redondela, coa presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, o que supón para o BNG "unha oportunidade única para anuncie a revogación da autorización que dende o seu goberno se concedeu a Casa de Xogos, a carón da zoa escolar da Marisma”, apuntan dende o BNG redondelán.
Redondela mobilizase contra a instalación dun local de apostas
A apertura dun local dun 'Salón Recreativo e de Xogo' en Redondela, –nome co que figura no expediente que obra no Concello– ou local de apostas como asegura a veciñanza, vén de xerar unha grande inquietude social. Inquietude que sube de tono ao ter en conta o lugar da súa ubicación, a Avenida Ernestina Otero, camiño obrigado cara a zona escolar, ás instalacións deportivas e as zonas de ocio da mocidade.
A Alcaldía de Redondela acorda a apertura du período de información pública sobre o local de apostas
A Alcaldía de Redondela vén de anunciar a apertura dun período de información pública sobre expediente de apertura dun Salón Recreativo e de Xogo na vila. O prazo de exposición será de 20 días hábiles a partir do momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O BNG de Redondela pide “maior presenza do goberno local” nas mobilizacións contra a casa de apostas
A concentración organizada pola Coordinadora contra a apertura da Casa de Apostas, ás portas do local onde se pretende ubicar e a escasos metros da zona escolar da Marisma, foi valorada positivamente dende o Bloque Nacionalista Galego. “Consideran que a presión veciñal, vai ter un papel decisivo para frear as pretensións da empresa”.