Tag: cabalgata
As Raíñas e Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Covelo
A comitiva das Raíñas e Reis Magos de Oriente visitará cada unha das parroquias do Concello de Covelo para repartir ilusión o día 6 en cada recuncho. Deste xeito, a raíña e o rei Melchor sairán de Fofe ás 16:30 horas para chegar a Piñeiro ás 17 e visitar Barcia de Mera ás 17:30 horas.
Dispositivo especial de tráfico con motivo da Cabalgata Internacional en Tui
Tui recibirá hoxe aos Reis Magos de Oriente nunha Cabalgata Internacional que percorrerá as rúas da Eurocidade.
Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis para que nenos poidan gozar dun dos días máis esperados do ano
Redondela e Chapela celebrarán o día 5 de xaneiro do 2023 a esperada cabalgata para recibir aos Reis Magos de Oriente e que os nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal.
Os Reis Magos chegan mañá a Oia
Os Reis Magos visitarán Oia durante toda a xornada do xoves día 5 de xaneiro, onde participarán na tradicional cabalgata.
As súas Maxestades de Oriente chegan á Guarda este xoves
O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do nadal coa visita dos Reis Magos, a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do xoves día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.
Gran Cabalgata de Reis en Arbo
Mañá xoves, 5 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, e seguindo coa tradición, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Arbo e entregarán agallasallos aos nenos de ata 11 anos de idade que teñan o correspondente vale regalo.
Nigrán ofrecerá unha Cabalgata de Reis e unha recepción dos Reis Magos no pavillón
O Concello de Nigrán ofrecerá a cabalgata de Reis tradicional con saída ás 16,30 dende o Concello de Nigrán ata A Ramallosa e Panxón. O obxectivo é voltar a unha cabalgata máxica que engaiole aos máis pequenos da maxia desta noite.
A Cabalgata dos Reis Magos encherá de maxia O Porriño
O Concello do Porriño ten o pracer de anunciar a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao Porriño en camello o día 5 de xaneiro.
O Concello de Oia cancela a cabalgata de Reis
O Concello de Oia de Oia decidiu cancelar a cabalgata de Reis prevista para o día 5 de xaneiro tendo en conta a incidencia da COVID-19.
Espectáculo estático para recibir este 5 de xaneiro ao Reis Magos no Rosal
Os Reis Magos continúan adaptándose á realidade sanitaria para seguir achegando a súa maxia a rosaleiros. O vindeiro 5 de xaneiro a Praza do Calvario dará a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar.
O Concello ofrecerá unha cabalgata de Reis con recepcións de Nigrán, A Ramallosa e Panxón
O Concello de Nigrán ofrecerá este ano unha cabalgata de Reis con tres recepcións en Nigrán, A Ramallosa e Panxón co obxectivo de evitar as habituais concentracións no tramo final.
Os Reis Magos visitarán o martes 5 de xaneiro todos os barrios do Rosal
Os Reis Magos volverán este ano a percorrer todos os barrios do Rosal. Unha comitiva cos tres Reis e un axudante que velará por garantir as medidas de seguridade comezarán o vindeiro martes 5 de xaneiro ás 11.00 horas.
Mondariz estuda organizar unha cabalgata de Reis estática
O Concello de Mondariz, a raíz das medidas de restrición anunciadas esta semana pola Xunta de Galicia, está estudando introducir cambios na tradicional cabalgata de Reis programada para a tarde do 5 de xaneiro, que inicialmente ía ser móbil e complementada con inchables no polideportivo municipal a partir das 17:00 horas.
Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis ‘estáticas’
Redondela e Chapela celebrarán, o día 5 de xaneiro do 2022 coa finalidade que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal, a chegada dos Reis Magos.
Os Reis Magos visitarán todas as parroquias de Ponteareas
Os Reis Magos xa están no medio da súa marcha para chegar a Ponteareas o vindeiro luns. Na vila do Tea iniciarán un percorrido, acompañados de música de agrupación ponteareáns, por todas as parroquias con 30 paradas para coñecer a toda a veciñanza de Ponteareas.
Os Reis Magos percorreron o concello da A Guarda para encher de ilusión aos nenos e nenas nos seus barrios e parroquias
Onte martes día 5 de xaneiro os Reis Magos visitaron a Guarda facendo un percorrido que os levou polas distintas prazas e rúas e, posteriormente por todos os barrios e parroquias. A comitiva real saía ás 17:30 h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos eran recibidos polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e, dende aí, partiron en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Gondomar preparado para recibir aos Reis Magos e celebrar unha cabalgata moi especial
Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos.
Os Reis Magos visitarán o día 5 os puntos neurálxicos de cada parroquia de Nigrán en tres cabalgatas simultáneas
Os Reis Magos de Oriente cumprirán a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres ‘cabalgatas’ simultáneas só posibles grazas a súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais.
Os Reis Magos ofrecerán unha recepción o próximo martes 5 de xaneiro no Teatro Municipal de Tui
Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán o próximo martes, 5 de xaneiro, en Tui. Este ano debido á pandemia da COVID -19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença. De todos os xeitos as súas maxestades de Oriente chegarán en tren até a Eurocidade realizando un percorrido máxico por Valença e Tui que se poderá visualizar nun vídeo que o luns, día 4, á noite se difundirá a través das redes sociais e a web municipal.
Ponteareas abre, o luns 25, a inscrición para a Cabalgata dos Reis Magos
A concellería de Eventos que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández vén de dar conta que, dende o luns día 25, todas as familias interesadas poderán inscribir no Rexistro de Entrada da Casa do Concello aos seus fillos e fillas para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos que se celebrará o domingo 05 de xaneiro de 2020 e que percorrerá as rúas do centro urbano.
Nigrán encarga ao director de teatro Diego Valeiras a posta en escena da Cabalgata de Reis 2020
O Concello de Nigrán busca abrir, o 2020, cunha Cabalgata de Reis convertida no que ten que ser esa data para os máis pequenos e pequenas, unha festa da ilusión. Para iso nada mellor que contar con profesionais das artes escénicas, domo Diego Valeiras, para que lle dean forma a esa viaxe máxica que, cada ano, "emprende a Estrela de Oriente para guiar aos Magos a todas as casase cumprir os desexos dos máis cativos e cativas e tamén dos maiores que aínda temos agochado ese neno e nena no noso maxín".