Tag: avenida mendiño
Redondela denuncia o abandono das estradas por parte da Xunta
O Concello de Redondela denuncia o que cualificou de "lamentable abandono" e deterioro daquelas estradas competencia da Xunta de Galicia. A alcaldesa Digna Rivas considera o feito "un insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2022, “non se contempla nin un euro para a reforma da Avenida Mendiño, ao igual que para a Avenida de Vigo ou a estrada PO-250", todas responsabilidade da administración da Xunta.
O Grupo Socialista reclama no Parlamento galego “o desbloqueo” das obras da Avenida Mendiño
A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia, reclamoulle onte á conselleira de Infraestruturas que desbloquee a reparación da Avenida Mendiño de Redondela, cumprindo o compromiso acadado en 2019. Gallego presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que a conselleira de Infraestruturas eludiu comprometerse a incluír a reparación da rúa nos Orzamentos para o próximo ano.
O Concello pide á Xunta unha rectificación das declaracións nas que culpa ao Goberno local de “non interesarse” polo convenio para a reforma da Avenida Mendiño
O Concello de Redondela pedirá, a través dunha moción presentada polo Grupo Muncipal Socialista, que “a Xunta de Galicia proceda a desmentir as afirmacións escritas nas súas misivas acusando a este Goberno de non interesarse nin realizar os trámites necesarios” para continuar coa sinatura do convenio de reforma da Avenida Mendiño.
O PSOE no Parlamento Galego denuncia o “veto” do PP á iniciativa socialista de mellora da mobilidade na PO-363 e PO-250 en Redondela
"O PP vén de vetar a execución das obras de mellora da mobilidade e seguridade en dúas estradas de Redondela, a PO-363, avenida Mendiño e o tramo Redondela-Cesantes; e a PO-250, estrada Pazos de Borbén no seu tramo ata Redondela" sinalou a deputada socialista Leticia Gallego quen sinala que os populares votaron en contra dunha proposición non de lei socialista para urxir a mellora destas dúas calzadas.
Redondela segue sen noticias sobre a reforma da Avenida Mendiño dous meses despois de ter enviado a Xunta a documentación solicitada
Dous meses despois de que o Concello de Redondela emitira a retención de crédito solicitada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o Goberno local segue sen ter noticia algunha sobre a sinatura do convenio que permitiría reformar esta importante zona do casco urbano, acceso obrigado á zona escolar, conservatorio, piscina municipal, pavillón da Marisma e Centro de Saúde.
Redondela non renunciará ao convenio da Avenida de Mendiño e “xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente”
O Concello de Redondela deixou hoxe clara a súa intención inequívoca “de non renunciar” ao convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a remodelación da Avenida Mendiño como se desprende “de todas as actuacións municipais que estiveron sempre encamiñadas a unha resolución satisfactoria desta actuación”, afirma a alcaldesa Digna Rivas, nun escrito dirixido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
O Grupo do PSdeG-PSOE leva ao Parlamento galego a calamitosa situación da Avenida Mendiño de Redondela
A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Leticia Gallego, visitou esta tarde Redondela para coñecer, in situ, a desastrosa situación en que se atopa a Avenida Mendiño e dar a coñecer que, por parte do grupo socialista e sobre este tema, se presentarán dúas preguntas na Mesa do Parlamento.
O Goberno de Redondela advirte, que as declaracións da Xunta sobre as obras da avenida Mendiño “son unha falta de respecto á veciñanza que non imos tolerar”
O Goberno de Redondela expresou hoxe a súa indignación polas manifestacións realizadas pola Xunta de Galicia sobre as obras da avenida Mendiño nas que a Consellería de Infraestruturas asegura “que está a reclamar ao Concello que certifique que dispón do crédito necesario para cumprir co compromiso de cofinanciar esta actuación por un total de 433.000 €, a cuarta parte do total”.
O BNG de Redondela propón a “humanización integral” con carril bici da Avenida Mendiño
O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, asegurou hoxe que as obras que se van a realizar na Avenida Mendiño, supoñen "unha oportunidade única para convertela nun espazo urbanbo para a veciñanza" e lamenta que o proxecto da Xunta de Galicia "cree zonas de primera e de segunda".
A Xunta remite ao Concello de Redondela o convenio para a humanización da Avenida Mendiño
O Concello de Redondela vén de recibir, para a súa posterior sinatura, o convenio de colaboración para o proxecto de “Mellora da Seguridade viaria e reaordenación da PO-363. Treito Redondela–Praia de Cesantes” cuxa execución corresponde a Axencia Galega de Infraestruturas e que suporá unha transformación total desta céntrica zona.
O Goberno de Redondela reafírmase na “inexistencia” de proxecto para a reforma da Avenida Mendiño
O Goberno local de Redondela, que preside Digna Rivas, reafirmouse hoxe en que “a reforma da Avenida Mendiño, non ten proxecto redactado por moito que a conselleira Ethel Vázquez así o afirmara en febreiro de 2019 ante unha infografía da actuación”.