Tag: aparcamento
O Porriño pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para habilitar aparcamentos
O Concello do Porriño e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros asinaron esta semana o convenio de cesión que permitirá á administración local facer uso duns terreos situados fronte á Fase I do polígono residencial de Torneiros.
Nigrán regula de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia
O goberno de Nigrán proporá no pleno ordinario de hoxe a actualización da ‘Ordenanza de Convivencia Cidadá e Ornato Público’ para regular de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia.
A nova zona azul de Ponteareas facilita o aparcamento na vila
Quince días despois da entrada en funcionamento da zona azul na Avenida de Galicia e Rosalía de Castro e rúa dos Carballos, o Concello de Ponteareas avaliou positivamente a medida tras realizar unha mostraxe de ocupación destas tres rúas o venres 3 de decembro para testar a eficacia da medida implementada nos últimos días.
Nigrán pon en marcha unha aplicación móbil para facilitar o aparcamento ás persoas con discapacidade
O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas estreando en Galicia nos vindeiros días Parking Gapp, unha novidosa aplicación móbil gratuíta que facilitará o emprego das prazas de aparcamento ás persoas con discapacidade.
O aparcamento do Aral de Baiona abrirá 24 horas
O aparcamento municipal do Aral de Baiona amplía o seu horario de servizo a 24 h a partir de hoxe día 1 de xullo durante toda a tempada estival.
O Concello de Nigrán renova a regularización do aparcamento de caravanas nas zonas de praia desde Semana Santa ata fin de setembro
O Concello de Nigrán prorrogará desde o 27 de marzo ao 30 de setembro de 2021 o bando de urxencia que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio co fin de garantir os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais visitantes que acuden en turismos.
Ponteareas estuda ampliar os horarios e os ámbitos da zona azul para ofertar máis aparcamento
A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, elaborou unha proposta de modificación da ordenanza reguladora do estacionamento limitado e gratuito, coñecido como zona azul.
Nigrán facilitará o emprego das prazas de aparcamento para discapacitados mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia
O Concello de Nigrán dará un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas facilitando o emprego das prazas de aparcamento habilitadas para persoas discapacitadas mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia e que en España só funciona en Beasain (País Vasco).
Baiona paga outro millón de euros polo aparcadoiro do Aral
O Concello de Baiona aprobou, no último Pleno da Corporación, unha modificación de crédito a fin de seguir saldando a débeda contraída polo anterior goberno municipal con Abanca, debido a unha sentencia xudicial tralo rescate do aparcadoiro público do Aral, unha débeda, sinala o Goberno que preside Carlos Gómez "de preto dos catro millóns de euros".
Comezan as obras de acondicionamento do acceso ao aparcamento Xulio Sexto
O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.
O Concello do Rosal dá luz verde ao inicio das obras no aparcadoiro do núcleo urbano
Esta semana foi adxudicado o contrato para a urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano do Rosal, estando previsto o inicio das mesmas para a próxima semana. Este aparcamento foi creado no pasado mandato para desconxestionar o volume de coches que habitualmente aparcan na Praza do Calvario. Debido a cuestión técnicas no acondicionamento inicial do aparcamento, pavimentado con saburra, este non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen que iso xerase un prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao mesmo.
O PP de Nigrán alerta sobre “o incontrolado” aumento de autocaravanas nas praias
O Partido Popular de Nigrán vén de advertir "do aumento incontrolado de autocaravanas que literalmente invaden os principais aparcamentos dos areais do municipio durante este verán". O portavoz popular, Carlos Abal, incide en que "é de total necesidade" que leve a cabo unha regulación real da situación".
O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui
A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada,...
Ponteareas da por rematado o acondicionamento do aparcamento de Granitos de Galicia
O Concello de Ponteareas vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento do novo aparcamento municipal ubicado no solar da antiga empresa Granitos de Galicia e Aceros del Tea. O estacionamento, inicialmente, contará con 61 prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida e catro para motos. A...