Tag: alcaldía
Julio César García-Luengo optará á reelección á alcaldía de Crecente
Julio César García-Luengo optará á reelección á alcaldía de Crecente nas municipais de maio. Así o anunciou o candidato, nun encontro con varios representantes da xunta local, ao que asistiu o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López.
Movemento Salceda fai un balance positivo dos primeiros 100 días sen alcaldía
O pasado 15 de xuño Loli Castiñeira dáballe paso na alcaldía a Verónica Tourón, dando cumprimento así ao pacto de goberno alcanzado co PSOE para esta lexislatura.
As socialistas de salceda analizan os 100 días de alcaldía socialista
O pasado 15 de xuño, Verónica Tourón accedía á alcaldía de Salceda de Caselas, converténdose na primeira alcaldesa socialista da nosa localidade, despois do acordo alcanzado nas pasadas eleccións municipais.
Cristina Fernández Davila, alcaldesa de Ponteareas
Cristina Fernández Davila (BNG) é, dende este pasado venres, nova alcaldesa de Ponteareas, tras obter a maioría absoluta dos votos da Corporación ao sumar 9 do BNG e 3 do PSOE. “Non existe unha honra maior que representar a todas as veciñas e veciños da nosa vila como alcaldesa de Ponteareas”, manifestou con emoción tras a súa proclamación.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renuncia por razóns de saúde
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou no día de hoxe a renuncia ao seu cargo por razóns de saúde. Dende o pasado mes de decembro, Cristina F. Davila (BNG) viña ocupando a alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade.