A popular Nava Castro vén de obter o bastón de mando do Concello de Ponteareas e convertirse na alcaldesa da vila.
A candidatura popular obteu un total de oito votos, sendo respaldada por Independientes de Ponteareas, pasando a formar parte do equipo de gobierno o seu representante Domingo Freitas. “Estamos moi agradecidos polo apoio de IP e cremos que vamos formar un gran equipo co obxetivo claro de traballar polo ben dos veciños de Ponteareas”.
Por outra banda, PSOE e Ponteareas en Común retiraron a súa candidatura para proceder a apoiar a do Bloque Nacionalista Galego.
“Como alcaldesa dou a miña palabra de investir todos os esforzos posibles para chegar a entendementos con todos e cada un dos grupos políticos desta cámara. Comprométome a ser a alcaldesa que quixera para min como veciña e a tender pontes con todos os proxectos e as ideas que beneficien a esta vila, procedan de onde procedan. Se é bo para a veciñanza, será bo para este Concello e polo tanto, será tida en conta, non o dubidedes” aseverou a recente alcaldesa.