Ponteareas da por rematado o acondicionamento do aparcamento de Granitos de Galicia

O Concello de Ponteareas vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento do novo aparcamento municipal ubicado no solar da antiga empresa Granitos de Galicia e Aceros del Tea. O estacionamento, inicialmente, contará con 61 prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida e catro para motos. A concelleira de Vías e Obras e tenente de alcalde, Chus Garrote, adiantou xa que a instalacion ampliarase próximamente duplicando o número de prazas iniciais.

Ponteareas afronta a fase final do PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta"

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocará nos vindeiros días aos grupos políticos a unha comisión informativa na que se abordará o PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta de Galicia" como paso previo a súa aprobación. Con esta convocatoria o goberno municipal enfila a fase final do PXOM para lograr a aceptación e aprobación definitiva por para da Xunta. Cómpre lembrar que en febreiro de 2016 o Pleno resolveu as alegacións presentadas polos cidadáns e aprobou provisionalmente o PXOM que se remitíu á Xunta para a súa aprobación.

Ponteareas organiza cursos intensivos para potenciar o tecido comercial, empresarial e hostaleiro

A concellería de Comercio, Hostalaría e Consumo, que dirixe Inés Vidal, vén de poñer en coñecemento de todos e todas as comerciantes, hostaleiros, empresarios e emprendedores de Ponteareas que se abre o prazo de inscrición para os cursos de formación que se ofrecerán totalmente de balde ao longo do mes de abril e maio. Baixo o nome 'Caixa de Ferramentas', impartiránse cursos prácticos e necesarios para o desempeño do traballo diario dirixidos a empresas, profesionais e autónomos que permitan profesionalizar estes sectores.

Ponteareas renegocia as condicións de cesión do parque Ferro-Ucha

O convenio asinado a finais de 2012 conlevaba a cesión dos terreos sen custe durante un período máximo de catro anos, coa obriga do Concello de aprobar definitivamente o PXOM. Unha vez superados os catro anos, de non estar aprobado o Plan Urbanístico, o Concello tería que abonar 2.000 euros mensuais pola ocupación do terreo co parque público. Agora, o Goberno local vén de abrir o diálogo cos propietarios para tentar chegar a un acordo e renegociar os termos do convenio. 

Todo disposto para a 'XV Festa da Tortilla' de Ribadetea

Dicir que a Festa da Tortilla de Ribadetea e unha celebración consolidada é, evidentemente, unha obviedade porque, só algo totalmente consolidado, pode chegar a cumprir, con esta, a súa décimo quinta edición. O que comezou sendo unha festa 'caseira' de degustación, iso si, de marabillosas tortillas (e podemos dar fe diso) ideada polo Centro Cultural de Ribadetea, foi pouco a pouco medrando e 'tomando corpo' ata desenvolver ao seu arredor todo un programa de actividades que ocupan toda a fin de semana.

O BNG presenta unha candidatura cualificada profesional e academicamente con experiencia política e social

O candidato á alcaldía de Ponteareas polo BNG e actual alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, fixo pública hoxe a relación dos once primeiros postos da candidatura ás eleccións municipais. Ademais do propio Represas que a encabeza, e do segundo e terceiro posto ocupados pola actual edil de Educación, Cristina Fernández, e polo avogado Roberto Mera, a lista continua con Verónica Carrera (Pías) diplomada en educación social e actual concelleira de Benestar Social no goberno local.

Suscribirse a este canal RSS