Luns, 24 Marzo de 2025

Ponteareas presenta a programación e datas do seu Entroido

O Concello de Ponteareas anunciou xa a programación do Entroido deste 2025, que se desenvolverá entre o 21 de febreiro e o 5 de marzo con actividades para todas as idades.

O programa comezará o venres 21 de febreiro cun obradoiro interxeracional de máscaras ás 17:00 horas na residencia de artistas. O sábado 22 ás 11:00 horas haberá un photocall de Entroido, obradoiros de pintacaras e globoflexia no parque da Feira Vella, ademais dun concurso de orellas de Entroido con degustación de doces.

O mércores 26, ás 17:30 horas, terá lugar un obradoiro de maquillaxe infantil. O venres 28, o desfile escolar de Entroido celebrarase ás 11:00 horas diante da Casa do Concello, seguido dun escape room infantil ás 16:30 horas no parque das Pombas.

Xa en marzo, o sábado día 1 ás 16:30 horas haberá un urban scape con saída nos Xardíns da Xiralda e inchables na praza Bugallal a partir das 17:00 horas. O domingo 2 será a xornada principal co desfile de comparsas ás 17:30 horas polas rúas Feliciano Barrera, Carballos e avenida de Galicia. O luns 3 celebraranse os concursos de disfraces: o infantil ás 17:00 horas e o de adultos ás 20:00 horas.

O martes 4, as comparsas regresarán ás rúas cun desfile desde Rosalía de Castro ás 19:00 horas, seguido da entrega de mencións na praza Maior ás 20:30 horas e unha gran chocolatada. O Entroido pecharase o mércores 5 co enterro da sardiña, que arrancará ás 19:30 horas diante da Casa do Concello e contará cun desfile acompañando o féretro ata a praza Maior.

No Entroido repartiranse 12.000€ en premios para as comparsas, 1.000€ para o concurso de disfraces de adultos e 600€ para o concurso de disfraces infantil.

Entroido de Ponteareas

  • 21 de febreiro → Obradoiro interxeracional de máscaras (17:00 h, residencia de artistas).
  • 22 de febreiro → Photocall, pintacaras e globoflexia (11:00 h, parque da Feira Vella); concurso de orellas de Entroido e degustación.
  • 26 de febreiro → Obradoiro de maquillaxe infantil (17:30 h).
  • 28 de febreiro → Desfile escolar (11:00 h, Casa do Concello); escape room infantil (16:30 h, parque das Pombas).
  • 1 de marzo → Urban scape (16:30 h, Xardíns da Xiralda); inchables (17:00 h, praza Bugallal).
  • 2 de marzo → Gran desfile de comparsas (17:30 h, Feliciano Barrera, Carballos e avenida de Galicia).
  • 3 de marzo → Concurso de disfraces infantil (17:00 h); concurso de adultos (20:00 h).
  • 4 de marzo → Desfile de comparsas (19:00 h, Rosalía de Castro); entrega de mencións (20:30 h, praza Maior); chocolatada.
  • 5 de marzo → Enterro da sardiña (19:30 h, Casa do Concello); desfile ata a praza Maior.