Mércores, 7 Maio de 2025

Xornada de limpeza de praias en Nigrán

Búscanse voluntarios para participar na limpeza de praias en Nigrán, a AEESP e o Concello de Nigrán organizan unha xornada para recoller plásticos acumulados nas praias tras o verán

Este sábado 17 terá lugar unha nova xornada de limpeza de praias en Patos, Nigrán. Outro ano máis o Concello de Nigrán e a AEESP (Asociación de Escolas de surf de Patos) uniron forzas para levar a cabo esta iniciativa que quere concienciar sobre a contaminación causada polo lixo no mar, especialmente os plásticos que se atopan nas praias.

A cita será este sábado 17 de 10:00 h a 14:00 h, para asegurar que se cumpren con todas as medidas de seguridade faranse grupos reducidos por quendas e será obrigatorio o uso da máscara. Para poder participar nesta recollida conxunta débese facer unha inscrición previa enviando un mail a [email protected]. Prado Surf Escola quere con esta iniciativa concienciar sobre a importancia de reducir o uso do plástico e a urxente necesidade de limpar as nosas praias e os nosos océanos.

A AEESP está formada por Prado Surf Escola, A Conserveira do Surf, Patos Surf Escola e Point Break Patos. Esta actividade conta co apoio do Concello de Nigrán.