Sábado, 3 Maio de 2025

O martes ábrese a inscrición para participar no ‘Día Internacional das persoas maiores’ en Nigrán

O Concello de Nigrán organiza unha celebración e andaina ata o miradoiro do 'Pericoto de Vilar' o xoves 1 de outubro. Está limitada a 30 persoas con inscrición previa o martes 29 de 10:00 a 12:00 no 986 368 734

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este xoves 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e homenaxe posterior. Por cuestións de protocolo sanitario estará limitada a participación a 30 persoas e será preciso inscribirse previamente o martes 29 de setembro de 10:00 a 12:00 horas no teléfono 986368734.

As persoas inscritas previamente deberán presentarse ás 9:45 horas do 1 de outubro na rúa ao carón do CEIP A Cruz (Camos) para realizar a andaina pola pista forestal das Medoñas ata o pericoto. En caso de choiva esta actividade física non se realizará pero, igualmente, ás 11:00 horas se descubrirá un monumento ao carón do miradoiro en homenaxe aos maiores (xeolocalizado nesta ligazón) e se servirá un chocolate.