9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán volve a ofrecer ao sector hostaleiro o servizo...

    O Concello de Nigrán volve a ofrecer ao sector hostaleiro o servizo gratuíto de entrega a domicilio

    Elaborará novamente unha guía cos establecementos operativos para facer comida para levar e a difundirá entre a veciñanza desde o venres

    O Concello de Nigrán realizará desde este venres 29 de xaneiro unha nova campaña para promover os pedidos a domicilio na hostalería do municipio tras as novas restricións anunciadas pola Xunta de Galicia que supoñen o peche deste sector, permitindo só a comida para levar. A localidade repetirá o modelo que levou a cabo durante o peche de novembro, asumindo novamente as custas do reparto a domicilio  mediante a contratación propia do servizo no termo municipal e ampliándoo aos 7 días da semana (anteriormente era de luns a sábado).

    Os negocios interesados en figurar na guía que recompile todos os locais que fan envíos e/ou en contar co servizo de reparto gratuíto do Concello de Nigrán deberán enviar antes deste xoves 28 de xaneiro ás 23:00 horas un correo electrónico a comunicacion@nigran.org indicando os seus datos básicos -nome do negocio, especialidade, onde ver a carta e teléfono para pedidos-. A guía distribuirase desde este mesmo venres a través de redes sociais e cartelería.

    “Este é un golpe moi duro para os negocios de Nigrán, que por terceira vez en pouco tempo afrontan o peche, por iso temos que ser conscientes da situación e apoialos facendo pedidos a domicilio. Cada un de nós ten a posibilidade de axudalos, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por iso agora”, indica o alcalde Juan González, quen anunciou a semana pasada unha segunda liña de axudas directas ao sector (esta nova convocatoria, na que xa se está a traballar para poder levar as bases ao pleno de Marzo, súmase á actualmente en vigor por importe total de 120.000 € con cargo ao Remanente de Tesourería e cuxo prazo de solicitude remata o 17 de febreiro). A maiores, o propio rexedor confirma que manterá neste ano a bonificación do 75% da taxa por terrazas (máximo permitido por lei) e, adicionalmente, continuará co plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade e animar a programación cultural de Nigrán, especialmente durante o verán ou en festividades.

    “Segundo a pandemia evolucione o Concello irá tomando as decisións correspondentes, enfocadas todas a salvar o comercio local”, explica González, quen avanza que o Concello continuará coa súa campaña para promover as compras de proximidade no pequeno comercio “como estilo de vida, non como solución transitoria mentres dure a pandemia”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.