Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello de Nigrán subvenciona por segundo ano consecutivo campamentos para persoas con discapacidade intelectual

Outorgará novamente 2.500 € e correrá a cargo do CEE Juan María desenvolvéndose en quendas semanais do 2 ao 20 de agosto

O Concello de Nigrán e o centro Juan María veñen de asinar por segundo ano consecutivo un convenio para financiar o proxecto ‘Lecer para todos 2021’ (campamento urbano) por importe de 2.500 € e como parte do programa municipal ‘Un Nigrán para todos’.

Así, durante as tres primeiras semanas do mes de agosto, un total de 28 persoas con discapacidade intelectual repartidas en quendas semanais e grupos burbulla beneficiaranse deste programa de actividades  de lecer e tempo libre en horario de 10:00  h a 14:00  horas de luns a venres.

Tal e como sinalan no propio CEE Juan María, debido a crise sanitaria a necesidade desta alternativa de ocio aumenta considerablemente para as persoas con discapacidade e as súas familias. O obxectivo é ofrecer un servizo de apoio que favoreza a conciliación e, ao mesmo tempo, ofrecer ao usuario unha ferramenta que mellore o desenvolvemento persoal e a participación na vida social. 

Os campamentos incluirán actividades tales como saídas á praia, roteiros de sendeirismo, visitas culturais, obradoiros…