Xoves, 23 Xaneiro de 2025

O Concello de Nigrán repite o programa ‘Música nas parroquias’

As celebracións arrancarán este sábado 12 de xuño coincidindo con San Antonio de Vilariño e en Chandebrito con San Xosé e finaliza o 9 de setembro co Bo Xesús de Priegue

O Concello de Nigrán repetirá este ano o seu programa ‘Música nas Parroquias’ para que se poidan celebrar todas as festas patronais do municipio, xa que novamente ou ben non se constituíron comisións organizadoras por mor da crise do Covid-19 ou estas tiveron totalmente limitada a posibilidade de recadar fondos. Estas arrancarán esta fin de semana con San Xosé de Chandebrito e San Antonio en Vilariño (ambas con programación o sábado e o domingo).

O Concello aumenta o orzamento de 20.000 € a 60.000 € (coa colaboración de 12.000 € do Plan Concellos 2021 da Deputación) para que, coincidindo con cadanseu día grande, a veciñanza de cada parroquia o poida festexar con sesión vermú e/ou noctura e, a maiores, actividades pensadas para os cativos. Desde o goberno local adaptouse a programación á demanda de cada entidade implicada xeralmente na organización das festas.

[su_image_carousel source=”media: 38716,38717″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

“O ano pasado ofrecemos as actuacións das bandas de música en sesión vermú e actividades infantiles; este ano aumentamos o orzamento para que poidan dispor dalgún concerto máis a súa elección, dado que a situación sanitaria é mellor. Desde o Concello queremos que se manteña a tradición de xuntarse a veciñanza para festexar respectando ao mesmo tempo todas as medidas de seguridade que sexan precisas”, indica o alcalde, Juan González, quen destaca a presencia de Broken Peach en Panxón, Serafín Zubiri no Ceán, A Roda en Camos, América en Lourido, Bruxo Queimán en San Pedro, A Banda da Loba en Nigrán, Prosi en Parada, Cherry Sweet en Priegue e La Banda de Ayer en Vilariño.

Así, o programa arrancará este 12 e 13 de xuño para festexar San Antonio de Vilariño e San Xosé en Chandebrito e as seguintes citas serán San Xoan de Panxón o 23 e 24 de xuño, San Pedro da Ramallosa o 28 e 29 de xuño, Santiago de Parada o 24 de xullo, San Fiz de Nigrán o 31 de xullo e 1 de agosto, Virxe do Carme de Lourido o 14 de agosto, Virxe das Angustias de Nigrán o 15 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto , finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 e 5 de setembro.