Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello de Nigrán recibe 139 kg en produtos de limpeza e alimentos non perecedoiros grazas á doazón da ED Val Miñor Nigrán e Ureca

A escola de fútbol doou 1 kg por cada gol (en contra ou a favor) nos partidos da fin de semana, mentras que a sección de tenis e padel de Ureca fixo o mesmo por cada set gañado

O Concello de Nigrán recibíu esta fin de semana 139 kg en alimentos non perecedoiros e de limpeza grazas á campaña solidaria de Nadal da ED Val Miñor Nigrán e Ureca. Todo o recadado pasará a formar parte do Banco Municipal para distribuír entre as familias en situación de vulnerabilidade.

Os 139 kg forman parte da iniciativa ‘Goles e Sets solidarios’ mediante a cal a escola de fútbol tranformou os goles a favor ou en contra da fin de semana en doazóns de 1 kg e a sección de tenis e padel de Ureca os sets gañados. A maiores, os deportistas de ambas entidades foron depositando desde o 16 de decembro doazóns particulares de alimentos, xoguetes, produtos de limpeza ou hixiene…

Adicionalmente, o Club Baloncesto Nigrán Nigrán, ante a alta inicidencia de Covid-19, suspende o torneo solidario ‘Encesta un alimento’ pero mantén a recollida de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e limpeza os días 22 e 23 no Pavillón de Panxón de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Cada persoa que faga unha doazón será agasallada cun pequeno detalle e unha rifa (poderá recibir máis se encesta algunha canasta) cuxo sorteo se realizará o día 23 ás 20:00 no propio pavillón.

“Estamos moi agradecidos a estes clubes, estas iniciativas reflexan o gran compromiso social das nosas entidades deportivas e os seus valores, polo que estamos especialmente orgullosos”, subliña o alcalde, Juan González.