8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán ofrecerá a partir desta semana todas as súas...

    O Concello de Nigrán ofrecerá a partir desta semana todas as súas actividades deportivas municipais en streaming

    Ioga, ximnasia de mantemento, aerobic-step, taichi, taekwondo, pilates e zumba serán retransmitidas en directo, tal e como xa fan os alumnos de Música desde a semana pasada

    O Concello de Nigrán ofrecerá desde esta semana en streaming (retransmisión telemática en directo) todas as súas actividades deportivas municipáis ante a petición dos propios usuarios (ioga, ximnasia de mantemento, aerobic-step, taichi, taekwondo, pilates e zumba), tal e como xa fai con Música desde o inicio das novas restricións. Quedan excluídas as dirixidas á terceira idade ao non estar afeitos a gran maioría ao emprego das novas tecnoloxías. 

    O Concello investíu 500 euros na compra de dúas webcams de alta calidade cos seus respectivos trípodes, habilitando para elo unha das salas do Pavillón Municipal de Panxón. O obxectivo é que o sistema quede establecido xa para todos os posibles periodos onde se decreten restricións sanitarias que impidan desenvolver a actividade de xeito presencial. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.