Domingo, 4 Maio de 2025

O Concello de Nigrán ofrece a película ‘La Estrella’ o vindeiro domingo

A proxección terá lugar ás 19:00 horas no aparcadoiro fronte a desembocadura do río Muíños. A cabida de autos é limitada e os interesados en asistir deben reservar o espazo para o seu vehículo a partir do martes 7 de decembro ás 12:00 horas en www.autocine.gal

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información a Muller (CIM), reprograma aproxección da longametraxe ‘La Estrella’ para o domingo 12 de decembro ás 19:00 horas en autocine no aparcadoiro de Praia América (fronte a desembocadura do Río Muíños).

A cabida de autos é limitada a 100 e os interesados en asistir deben reservar o espazo para o seu vehículo a partir do martes 7 de decembro ás 12:00 horas en www.autocine.gal e acudir ao lugar con antelación suficiente (o recinto abre ás 18:00). A proxección estaba prevista para o domingo 28 de novembro dentro da programación do Día Mundial pola Eliminación da Violencia machista pero tivo que aprazarse debido á choiva.

A longametraxe de Alberto Aranda narra como Estrella (Ingrid Rubio), unha optimista moza de barrio, traballa como limpadora e vive co seu noivo nun humilde apartamento de Santa Coloma. Conserva a súa alegría e entusiasmo a pesar das dificultades que a rodean, especialmente os malos momentos que está a vivir unha compañeira de traballo (Carmen Machi). Está baseada na novela homónima de Belén Carmona, sendo un drama de superación fresco protagonizado por mulleres.