14.5 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: autocine

    O Concello de Nigrán ofrece a película ‘La Estrella’ o vindeiro domingo

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información a Muller (CIM), reprograma aproxección da longametraxe ‘La Estrella’ para o domingo 12 de decembro ás 19:00 horas en autocine no aparcadoiro de Praia América (fronte a desembocadura do Río Muíños).

    Autocine a vindeira fin de semana en Chan da Lagoa

    O vindeiro sábaro 13 de novembro, ás 19:30 horas en Chan da Lagoa, proxectarase en autocine “La boda de Rosa”. O autocine contará cunha pantalla de 150 metros cadrados, unha das máis grandes instaladas no noroeste peninsular.

    Nigrán programa un autocine en Praia América para o 8M e a reedición da exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’ na Ramallosa

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información a Muller (CIM), conmemora este ano o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun autocine o sábado 6 de marzo en Praia América e a re-edición da exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’. A programación a pechará unha performance de ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’ o 22 de marzo no IES Proval.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.