Tag: escola
Éxito da alianza entre a Deputación, Concello de Mondariz e Entidade Local Menor para recuperar a Escola de Vilasobroso con fondos europeos
A alianza institucional tecida entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mondariz e a Entidade Local Menor de Vilasobroso para intentar captar fondos europeos FEDER cos que recuperar a antiga Escola Unitaria rematou con éxito
Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado
O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.