Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello de Nigrán e Aqualia aconsellan aos veciños de Priegue solicitar o enganche ao abastecemento antes do fin das obras

A ampliación da rede estase a executar actualmente nesta zona, polo que a conexión pódese realizar neste intre sen ter que abonar a reposición do firme

O  Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Priegue onde se están a rematar as obras de ampliación do abastecemento (Pedrosas e Sanromán) das vantaxes económicas e de tramitación que implica solicitar a conexión antes de que rematen as obras.

Unha vez rematen estes traballos de ampliación da rede nas novas acometidas se cobrará a reposición do firme, de aí o interesante de solicitalo con antelación. Así, os propietarios interesados en conectarse directamente en obra deben acudir á oficina da concesionaria Aqualia en Nigrán (Val Miñor, 2) en horario de 9:00 a 13:00 ou ben solicitalo por correo electrónico a [email protected] facilitando nome, DNI, dirección e teléfono.

A propia empresa detallará todos os documentos precisos para formalizar o contrato co correspondente orzamento.