Domingo, 4 Maio de 2025

O Concello de Nigrán dispón do novo leiraparking céntrico e gratuíto

O novo aparcadoiro nunha parcela municipal dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial)

O Concello de Nigrán dipón dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro é nun terreno municipal e dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial e onde se situaba precisamente o primeiro leiraparking municipal que tivo o Concello).

“Lamentamos as molestias que ocasionou este peche durante catyro días e dispomos de alternativa nun espazo municipal igual de céntrico”, explica González, quen avanza que “adicionalmente” desde o Concello estamos na procura de novos espazos tamén céntricos e nun espazo de máis de 2.500 m2″.

“Ter un espazo gratuíto de aparcamento disuasorio no centro urbano de Nigrán é algo indispensable porque beneficia a toda a veciñanza e repercute directamente no comercio da zona, máxime agora en tempada estival que multiplicamos a poboación e se agrava o problema de aparcar”, engade.

Este leiraparking súmase ao aparcadoiro público e 100 % gratuíto da Ramallosa (rúa Argonautas, ao carón da piscina) que o goberno local conseguíu remunicipalizar mediante a súa xestión directa e abrir en xaneiro de 2022 tras 5 anos pechado. Ademais, o rexedor subliña o Nigránbus como outra medida de mobilidade sostible, operando por vez primeira este verán e que conecta as parroquias do interior cos principáis núcleos urbanos, “unha medida que busca precisamente que deixemos o coche na casa e nos movamos en transporte colectivo”, sintetiza.