Domingo, 4 Maio de 2025

O Concello de Nigrán creará unha liña de axudas directas a autónomos afectados polo recente peche hostaleiro

O goberno local contempla subvencións de 1.000 € para autónomos e de 600 € para empregados do sector sen ningún tipo de prestación con cargo todo a unha partida de 120.000 € do Remanente de Tesourería

O Concello de Nigrán creará unha liña de axudas directas de 120.000 € a cargo do remanente de Tesourería para o sector hostaleiro  afectado polo peche sanitario do 4 de novembro. O goberno local ultima os pregos para a convocatoria contemplando unha subvención de 1.000 € para os autónomos e de 600 € para traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación. A cuestión será levada a pleno en decembro para  publicarse despois no Boletín Oficial da Provincia e abrir o prazo, polo que previsiblemente será a inicios de ano cando se poidan tramitar as solicitudes. Estas axúdas súmanse ás anunciadas a semana pasada polo Concello para bonificar o recibo trimestral da auga, a parte proporcional do lixo e unha rebaixa do 75% na taxa de terrazas (máximo permitido por lei) tamén de cara a 2021, ademais de ofrecer gratis un repartidor de comida a domicilio para os que decidiron abrir para realizar pedidos.

“Somos moi conscientes da situación que atravesan porque onte mesmo nos reunimos cos empresarios do municipio e nos trasmitiron a súa inquedanza, pero desde o Concello tamén nos preocupan aqueles traballadores que se quedaron sen emprego e sen dereito a ningún tipo de prestación, por eso as nosas axudas chegarán a eles tamén. ‘Un Nigrán para todos’ ao fin tamén é eso, non deixar a ninguén fora”, explica o alcalde, Juan González, quen insiste en que o obxectivo final “é que todo o sector hostaleiro poda volver a abrir as súas portas e, con elo, siga xerando riqueza en Nigrán”.

Así, segundo contempla xa o borrador, as persoas beneficiarias serán os autónomos do sector afectados pola orde de peche derivado das limitacións decretadas desde a Consellería de Sanidade o 4 de novembro (empadroados no municipio e titulares dun negocio no mesmo) e traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación (empadroados en Nigrán e que traballaran no sector un mínimo de 15 días antes da obriga de peche ao público, independientemente de que o establecemento non estea situado no municipio). No caso dos autónomos a axuda sería compatible con calquera outra que establezan as distintas administracións co compromiso adquirido de permanecer abertos un mínimo de 3 meses despois de serlle outorgada  e, no caso de desempregados  do sector sen ingresos, o compromiso sería o de busca activa de emprego.

As subvencións resolveranse por concorrencia non competitiva, é dicir, ata esgotamento de fondos por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas, puidendo ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles se é preciso. “Non quedará ninguén fora, todo o que cumpra os requerimentos mínimos percibirá unha axuda”, finaliza o alcalde.

Máis axudas

O Concello de Nigrán anunciou a semana pasada que asumirá o vindeiro pago do recibo trimestral da auga e bonificará a parte proporcional do lixo do sector hostaleiro tamén como medida de apoio ante o seu peche sanitario forzoso. Dentro da súa liña de axudas específicas para a restauración, o Concello mantén o seu servizo gratuíto de envío de comida a domicilio mediante repartidor propio e a bonificación do 75% da taxa de terrazas tamén de cara a 2021 (ademais de flexibilizar a súa ampliación). A maiores, e para incluír ao outro sector prexudicados directamente por este peche, o Concello creou un plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade durante a campaña da Nadal. Finalmente, o goberno local comprometeuse a rebaixar o imposto de rodaxe aos taxistas do municipio nun 75%, máximo que permite a lei.