19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán ampliará a súa aposta polos hortos comunitarios

    O Concello de Nigrán ampliará a súa aposta polos hortos comunitarios

    O Concello de Nigrán redoblará a súa aposta polos hortos comunitarios habilitando este setembro un novo no parque Vázquez Grela (Nigrán). O obxectivo é que sirva como ampliación e complemento ao creado na Ramallosa o pasado mes de abril pero, neste caso, cultivando directamente na terra e non en grandes maceteiros e tamén da man da cooperativa local ‘SomosTerra’ (encargada tamén de dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán promovidos desde o Consistorio). O obxectivo é que sigan traballando en equipo e de xeito colaborativo, pero neste horto tamén contemplan que se poida deixar un pequeno espazo para que cada usuario o empregue libremente.

    “Está sendo un éxito de participación e de resultado e moitos veciños nos están demandando más espazos nos núcleos urbanos, por iso esta zona en pleno Nigrán cremos que é a ideal para avanzar nesta liña”, sinala o alcalde, Juan González. “Queremos promover o autocultivo nunha contorna que actualmente é moito máis urbana que o interior do municipio, fomentar hábitos saudables e potenciar a sensibilidade ambiental. Nos tempos que corren significa tamén un aforro nos petos dos usuarios e unha aposta pola sostibilidade”.

    “Empezaremos de cero, preparando entre todos o terreo, o que implica que durante un ano realmente non haberá unha colleita significativa de nada porque o principal dotar ao terreo das condicións necesarias para producir, así que aprenderemos esas técnicas”, explican desde Somos Terra.

    Actualmente 40 familias traballan activamente na horta municipal da Praza Carlos Casares (ao carón da Piscina Mancomunada), onde nestes meses xa recolectaron infinidade de cabaciños e pepinos e tamén xudías, cebolas, leitugas, patacas, pementos, berenxenas, amorodos ou tomates. Xa nas vindeiras semanas esperan recoller brecol, sandía, repolo ou remolacha, entre outros.

    O sistema deseñado para o Concello por Somos Terra implica que todos os usuarios realizan os traballos conxuntamente polo ben común e non en parcelas de uso individual, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo entre todos. Para elo, establécense un calendario de tarefas que os inscritos deben seguir e semanalmente se realizan obradoiros específicos sobre determinados temas hortícolas (compostaxe, rego, especies aormáticas, hortos verticais…) ademais con contar con asesoramente presencial dous días en semana. No novo espazo de Nigrán esperan combinar este sistema con o máis tradicional de dar espazo a cada usuario, “iremos consultando e facendo según a demanda”, puntualizan.

    “Está funcionando marabillosamente, non existe o máis mínimo problema á hora de repartir a colleita ou de traballar e a veciñanza respecta totalmente os froitos”, explica Raquel, de Somos Terra, quen engade que os propios usuarios demandaban poder traballar nun lugar máis amplo e directamente na terra, non en macetas con sustrato. “Significa dar un paso máis e ampliar as posibilidades, é como pasar do laboratorio á realidade. Os nosos usuarios xa levaron esta afección tamén aos seus propios balcóns e terrazas, estes coñecementos extenden o autocultivo exponencialmente”, sintetiza.

    “A zona verde da Praza Carlos Casares, que non se empregaba para nada e pasaba totalmente desapercibida, transformouse nun punto de encontro onde florecen os mellores valores e dos que como goberno nos sentimos máis orgullosos de promover. Agora queremos levar esta filosofía ao parque Vázquez Grela de Nigrán, descoñecido para unha boa parte da veciñanza e con terreo de abondo para compatibilizar usos”, conclúe o alcalde.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS