26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán abre o mércores o prazo de inscrición a...

    O Concello de Nigrán abre o mércores o prazo de inscrición a piano

    O Concello de Nigrán incorpora Piano a súa oferta de activides culturais municipais despois de que o ano pasado se adquirise un piano de cola para este fin. O prazo de inscrición será só para os empadroados este mércores e xoves (10 e 11 de novembro) de 9:00 a 13:00 horas no Auditorio Municipal e, no caso de sobrar prazas, o venres seguirá aberto tamén con opción para os non empadroados.

    O custe total de todo o curso é de 75 € (100 € non empadroados) e a matricula se formalizará unha vez realizado o pagamento. Este novo alumnado de Piano recibirá unha hora á semana de Linguaxe Musical en grupos de máximo 15 persoas e, adicionalmente, 30 minutos de clases prácticas individuais. O curso comezará o 15 de novembro e se desenvolverán polas tardes de luns a xoves en diferentes grupos, ofrecendo o Concello 20 prazas para menores (de 8 a 18 anos) e 10 para maiores de idade. Non é preciso ter ningún tipo de coñecemento de música e piano.

    Os 90 alumnos xa matriculados en música (60 en guitarra e 30 en violín) beneficiaranse tamén de Linguaxe Musical como nova asignatura, o que permitirá dar un salto de calidade nas clases encamiñado á constitución da futura Escola Municipal de Música na sede da biblioteca do Ceán.

    O Concello investíu 9.500 euros na compra dun piano de cola Yamaha negro pulido de 151 cm (e a correspondente funda acolchada a medida) para poder ofrecer a aprendizaxe deste instrumento na actividade municipal e empregalo en concertos. “É un investimento en cultura do que estamos moi orgullosos, é un salto en calidade, poucas familias se poden permitir ter un piano de cola na súa casa e aquí estará a disposición de toda aquela persoa que desexe formarse”, resume.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.