Venres, 2 Maio de 2025

O alcalde de Nigrán recibe ao club de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello

Fundado hai preto dunha década como clube, ven de rexistrarse como asociación deportiva no municipio ao ser todos os seus integrantes de Nigrán

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu na Casa Consistorial aos ciclistas do clube de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello tras inscribirse como asociación deportiva no Rexistro Municipal de entidades deportivas.

O clube está constituído como tal desde hai preto de unha década e está formado actualmente por oito deportistas, todos eles de Nigrán, pero non estaban rexistrados oficialmente no Concello. Tradicionalmente organizan coa axuda do Concello unha BTT anual e, de cara a 2021, terán novos eventos.

“É o único club de BTT en Nigrán e desde o Concello queremos ofrecerlle todo o noso apoio, estaremos encandados de poder colaborar nos eventos deportivos que programarán para 2021 tras ter que cancelar os deste ano por mor da pandemia”, indica o rexedor.