O Concello de Nigrán repetirá desde este 4 de marzo ao 22 de abril o programa de andainas dos sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable. A primeira delas terá lugar este mesmo sábado con saída ás 10:00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar cara a Monteferro (ida e volta) e cunha duración aproximada de 2 horas. Todos os roteiros serán con saída á mesma hora, circulares e con duración similar, sempre mediante inscrición previa en [email protected] (indicando nome e apelidos, teléfono e día da ruta na que se anotan).
Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar e unha botella de auga. A información concreta sobre cada andaina está pendurada na web www.nigran.es.
“Este ano engadimos marcha nórdica con gran éxito á nosa oferta deportiva municipal e esta outra actividade. Apostamos por este tipo de exercicio ao aire libre porque queremos fomentar o hábito de camiñar en grupo: é saudable física e mentalmente, facilita a socialización e se adapta prácticamente a calquera idade e condición”, explica o alcalde, Juan González.