12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán renovará a praza da nova biblioteca

    Nigrán renovará a praza da nova biblioteca

    O Concello de Nigrán remodelará a praza da nova biblioteca municipal para extender o uso sociocultural a este gran espazo público de 2.958 metros cadrados e infrautilizado actualmente pola veciñanza. Así, dispón xa de un proxecto redactado polos mesmos arquitectos da Biblioteca, Estudio Gándara Pons, co obxectivo de crear unha simbiose perfecta entre o novo edificio público e a súa contorna, complementándose ambos lugares nos seus usos.

    “A praza da Biblioteca, pese a ser moi grande e estar en pleno núcleo urbano de Nigrán, é prácticamente descoñecida para a veciñanza porque non resultan visibles o seus accesos e, tal e como está conformada, non invita a pasar o tempo de lecer alí, así que o que pretendemos é revitalizala e recuperala cunha intervención sinxela para facilitar usos socioculturais e dos propios negocios que acolle”, explica o alcalde, Juan González, quen avanza que tamén será ‘rebautizada’ ao compartir oficialmente o nome ‘Rosalía de Castro’ coa praza veciña, o que leva a confusión. “O obxectivo final é que a veciñanza redescrubra esta gran praza e que o novo deseño forme unha simbiose perfecta coa Biblioteca e os seus usos”, conclúe.

    Cun investimento previsto de 360.000 €, a intervención comprende a ubicación dun gradería inserto no actual manto vexetal da zona noroeste aproveitando o salto de cota (ao carón da Biblioteca). Esta nova bancada lonxitudinal estará orientada cara un espazo central na praza que será unha fonte lúdica para o xogo infantil pero que, ao mesmo tempo, poderá funcionar como escenario natural ao aire libre para posibles actuacións. Paralelamente, e tamén aproveitando o forte desnivel, instalarase un tobogán de aceiro inoxidable ao lado das novas gradas. Para complementar o equipamento para os máis pequenos tamén se prevé no lateral este camas elásticas enrasadas coa superficie e un área de montículos de caucho.

    A remodelación busca tamén abrir visualmente a praza á cidadanía e integrala coa Biblioteca, polo que se plantexa pavimentar en pedra o acceso desde Estrada pola Vía, tal e como está actualmente circundando o edificio, e no eixo central proxéctase chan de formigón pulido con franxas de céspede. A actual escalera que baixa á praza se modificará por unha de maiores dimensións que continúe co itineario peonil. Para rematar a actuación neste sentido de outorgarlle maior accesibilidade, rediseñarase a rampla noreste para facela máis ampla. Ademais, a superficie actual da praza atópase en moi mal estado, polo que a intervención propón repavimentala con placas de formigón e zonas de adoquín intercalando céspedes, para crear así espazos diferenciados e reducir a sensación de “aridez” fronte a un lugar máis amable.

    Finalmente, renovaranse os colectores de pluviais deteriorados, todo o mobiliario urbano, outorgaráselle iluminación ornamental ás novas zonas e aumentarase a vexetación complementándose con novas especies e con plantas tapizantes.

    “Queremos que os usuarios da biblioteca teñan aquí o lugar idóneo para sentarse a ler un libro ou facer un descanso no estudo, pero que tamén poida ser un lugar perfecto para organizar un contacontos ao aire libre ou vir en familia a tomar un café ou  para xogar os nenos”, explican os arquitectos Juan Pons e Lucas Gándara. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.