10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: vivendas dos mestres

    Arbo xa dispón da súa primeira vivenda social

    O Concello de Arbo conta xa coa súa primeira vivienda social, logo de ter rematados os traballos de reparación e mellora da vivenda dos mestres da antiga escola de Cequeliños, traballos para os que o Concello recibía unha achega por importe de 8.269 € do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente.

    A antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos recupérase para manter a súa utilidade social

    O Concello da Guarda vén dar a coñecer a adxudicación das obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza en Camposancos empregada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. Unha vez rematadas as obras, a vivenda pasará a formar parte do programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia do que, o Concello da Guarda, é entidade adherida.

    Arbo rehabilitará unha das antigas vivendas dos mestres de Cequeliños

    O Concello de Arbo vén de dar conta da recepción dunha achega de 8.269 € do IGVS, adscrito á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños. O Concello dispón neste momento de dúas vivendas, de antigos mestres, de titularidade municipal situadas na parroquia de Cequeliños.

    Nigrán reformará as casa dos mestres como local para a terceira idade

    O Concello de Nigrán vén de encargar un proxecto de reforma para as antigas casas dos mestres, situadas ao carón da Casa Consistorial, para reconvertelas nun local a disposición da terceira idade. A decisión foi tomada polo Goberno local despois de que un grupo de mulleres do municipio presentase...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.