Venres, 2 Maio de 2025

Nigrán recibe a máxima puntuación no GALP Ría de Vigo con seu proxecto “Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón”

O proxecto, subvencionado con 45.451,23€, se presentará esta tarde na asamblea Xeral do GALP 7 en Vigo e que centrarase en accesiilidade, eliminación e control de flora invasora e actividades divulgativas e de sensiblización

O proxecto consiste na mellora da accesibilidade e mellora ambiental en Praia América, coa instalación dun observatorio de aves na zona de protección ambiental da desembocadura do río Muíños, adaptación da pasarela de madeira e da varanda existentes, e instalación de pasarelas de madeira para o acceso á praia.

Complétase coa eliminación de plantas exóticas invasoras, a mellora de condicións dunha planta ameazada e a realización de actividades divulgativas e de sensibilización ambiental sobre o litoral.

Na fase da obra, como elemento integrador do proxecto, promoverase a reutilización e aproveitamento das estruturas existentes que se atopen en bo estado, de forma que os novos elementos sigan a mesma liña estética, e que non sexanecesaria a intervención nos cimentos da pasarela na duna. Igualmente os novos elementos a incorporar estarán realizados en materiais acordes coa contorna (madeira, corda), e empregaranse redes de pesca fora de uso para o peche da pasarela, tratando de vincular a actividade produtiva có espazo de lecer. Tanto as ferramentas como as técnicas empregadas procurarán o menor impacto no medio, xa que se trata dun espazo de protección natural.

“Se ben o proxecto corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando na zona nos anos anteriores, nesta ocasión consideramos innovadora a circunstancia específica de traballar na accesibilidade,  creando un observatorio accesible, varandas de seguridade e pasarelas flexibles de madeira para acceder os areais, todo elo enmarcado no proxecto “Un Nigrán para todos”, declara Juan González.

Descrición da obra de mellora da accesibilidade

1. Construción dun observatorio de aves formado por pilares e peche de madeira para a observación da fauna na zona de protección ambiental. Actualmente non existe ningún espazo similar, e moitas aves sofren de estrés coa presenza humana. Este elemento permitirá a calquera persoa achegarse ao coñecemento da fauna mariña e costeira a unha distancia prudente pero o suficientemente cerca como para poder identificar as diferentes especies sen molestalas. No elemento haberá ocos de observación a diferentes alturas, un banco corrido e pequeno mesado para o apoio de guías de identificación ou prismáticos.

2. Construción dunha varanda de seguridade na pasarela existente na duna de Praia. A pasarela existente ten uns postes nos que existen uns arames moi deteriorados en algúns tramos, e desaparecidos noutros. A actuación prevista, ademais da substitución dos elementos en mal estado, empregará medidas de seguridade, engadindo unha soga de corda sobre a que se amarra unha rede de pesca como peche.

3. Construción dunha pasarela flexible de madeira para o acceso á praia en catro puntos da mesma. Na actualidade todos os accesos son de area, polo que as persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida teñen problemas para achegarse. Moitas persoas no espectro da diversidade funcional teñen problemas para empregar esta pasarela, ademais de resultar insegura para calquera persoa (especialmente nenos/as ou persoas maiores) As pasarelas permiten o paso de cadeiras de rodas, carriños de nenos/as ou camiñar de forma segura a persoas con muletas, bastóns, etc.

D – Especificacións técnicas

1. Observatorio de aves de 5 x 2 m. Caseta observatorio de dimensións 5 x 2 en planta, con estrutura vista en taboleiros de madeira 70 x 70 mm tratada en autoclave e única parede frontal con paneis de madeira machiembrada 130 x 22 mm, tratada en autoclave clase de risco 4 para 2  a súa montaxe en obra, ocos de fiestras corridas de 50 x 120 cm, mesa corrida voada e banco corrido fixado ao chan de 30 cm de ancho. Toda a parte metálica (parafusos, fixacións, etc.) de aceiro inoxidable 316. Incluído transporte e montaxe sobre entarimado existente.

2. Varanda de 90 cm de altura formada por postes de madeira tratada en autoclave de 12 cm de diámetro separados 4 m, unidos pola parte superior e inferior cunha soga de corda sobre a que se amarra unha rede de pesca como peche.

3. Pasarela peonil flexible de 110 cm de anchura, formada por taboleiros de madeira de pino tratada en autoclave, de 110 x 15 x 5 cm, unidos entre si por 3 cordas, que serven para encadear los tramos de pasarela (4 accesos de 25 m.l. cada un).