23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece un obradoiro de percusión africana

    Nigrán ofrece un obradoiro de percusión africana

    O Concello de Nigrán ofrece a través da Escola de Música Municipal un obradoiro de percusión africana impartido por Andrés Rivero o vindeiro 17 de xuño.

    O curso, de tres horas de duración e dirixido a todas as idades, será unha introdución á técnica, linguaxe e ritmos do djembé, instrumento de percusión da costa oeste africana. A organización facilitará os materiais necesarios para a realización do mesmo, polo que non é preciso ter instrumentos nin experiencia para desfrutar da experiencia.

    O obradoiro terá lugar na Escola de Música Municipal de Nigrán, situada na antiga biblioteca municipal do Ceán, en horario de 11:00 a 14:00 h. Ten un custe de 15 € e é preciso realizar inscrición previa para reservar a praza no 615914161 ou no correo latexopercusion@gmail.com.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.