11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece o vindeiro 30 de maio, na contorna de Monte Castelo,...

    Nigrán ofrece o vindeiro 30 de maio, na contorna de Monte Castelo, unha proba de orientación e aventura

    A actividade de equipo (de entre 2 e 5 persoas) combina orientación con mapa e probas físicas ou de coñecemento, establecéndose dúas categorías e unha idade mínima de 6 anos

    O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, ofrece o domingo 30 de maio na contorna de Monte Castelo a súa primeira proba de orientación e aventura dirixida a todo tipo de público co obxectivo de por en valor a zona e dala a coñecer mediante unha actividade innovadora segura, saudable, participativa e de carácter familiar.

    Baixo estas premisas, a empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello expresamente esta actividade que se desenvolverá na área  de Montecastelo (Parada). Os interesados en participar, en equipos de entre 2 e 5 participantes e cunha idade mínima de 6 anos, poden inscribirse de balde do 18 ao 25 de maio ás 14:00 horas (ou ata acadar o máximo de 150 participantes) a través do mail turismo@nigran.org, sendo recomendable ler previamente as bases na portada da web www.nigran.es.

    A actividade terá lugar desde as 10:30 horas da mañá do domingo 30. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo de bosque, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles decidindo libremente a orde de busca e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles, polo que a condición física ou idade non é o relevante, o importante é o factor estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo.

    Como xa se mencionou, os equipos deberán estar formados por un mínimo de 2 integrantes até un máximo de 5, e se establecerán dúas categorías: XOVENES CASTORES (onde a lo menos, haxa unha persoa menor de 12  anos) e   EXPLORERS (todos maiores de 12 anos e obrigatorio polo menos un maior de idade). Todos os participantes recibirán o material necesario para a realización da proba, contarán con seguro de responsabilidade civil e de accidentes e se lles entregará avituallamento. Os tres primeiros clasificados de cadansúa categoría recibirán diferentes premios, entre eles, una bautismo de surf, unha invitación a un brunch ou unha inscrición gratuíta para algunha das actividades de Territorio Comanche.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.