Venres, 2 Maio de 2025

Nigrán ofrece o sábado un monólogo pola igualdade

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, 25 de novembro, con motivo do ‘Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres’, o monólogo ‘En pé de igualdade’ das actrices galegas Arantxa Treus e Marta Doviro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada é de balde ata completar aforo. Xuntas analizarán en clave de humor situacións de discriminación vividas no seu día a día.

Arantxa é unha artista versátil como o mostran as súas numerosas participacións e invitacións a participar en cada vez máis proxectos de diversos xéneros. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que Arantxa desenvolve no seu traballo como actriz. Pola súa banda, con máis de 10 anos sobre os escenarios, Marta Doviro acumula varias facetas: actriz, presentadora, cómica e o que lle boten; participou en películas, curtametraxes, webseries e series da TVG… Xuntas subirán ao escenario en Nigrán.