12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece este sábado un concerto e unha masterclass a cargo do...

    Nigrán ofrece este sábado un concerto e unha masterclass a cargo do afamado Jean-Michel Pilc

    "Desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España", sinala o alcalde

    O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo este sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha masterclass. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no festival Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario (o último no 2018) e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening. Aproveitando a súa estancia en Galicia para gravar un álbum co saxofonista afincado en Nigrán Xosé Miguelez editado pola discográfica americana Origin Records, o Concello ofrecerá un concerto gratuíto e en solitario ás 20:30 no Auditorio Municipal e, previamente, ás 16:30, unha master-class ao seu cargo con inscrición previa no mail xosemiguelez@gmail.com e un custe de 15 €.

    “É un dos pianistas máis aclamados mundialmente e un reputado profesor de música en Canadá, así que desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España”, sinala o alcalde, Juan González. Pola súa banda, o profesor da actividade municipal de Música, Manuel Cebrián, incide na gran oportunidade que supón para calquera músico asistir a unha master-class de Pilc, profesor asociado de piano desde 2015 na Univerdade McGill en Montreal e anteriormente na New York School. “Ningún pianista ou afeccionado ao piano da comarca se debería perder esta oportunidade de aprender dun músico e educador recoñecido mundialmente”, subliña.

    Na súa longa traxectoria, Jean-Michel Pilc (París, 1960) tocou con numerosos xigantes de jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff e Richard Bona, entre outros. Tamén traballou con Harry Belafonte como o seu director musical e pianista, e fixo un dueto coa lendaria cantante de ópera Jessye Norman.

    O renombrado trío de Jean-Michel, co baixista François Moutin eo baterista Ari Hoenig é unha das formacións de referencia no jazz internacional. Jean-Michel lanzou tres álbums de piano en solitario aclamados pola crítica e un novo álbum en solitario, Parallel, publicado por Challenge Records en xuño de 2018.

    Ten unha sólida reputación como educador. De 2006 a 2015 foi membro da facultade de NYU Steinhardt.Tamén actuou como co-director do Summer Jazz Workshop de NYU en 2010. Ensinou para New School en Nova York e desde setembro de 2015 é profesor asociado na Universidade McGill en Montreal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.