8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: autismo

    O Porriño recibe peregrinos de Italia que realizan o Camiño pola Costa polo autismo

    Un grupo da Associazione Mulino Sambuy de Turín, Italia, chegaba pasadas as 14.00 horas deste sábado á Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño logo de iniciar en Tui, a mañá do domingo, o Camiño Portugués a Santiago.

    Charla sobre o autismo na infancia o 15 de abril na Axencia de Colocación de Mos

    Desde a Concellería de Educación do Concello de Mos púxose en marcha, para celebrar o vindeiro sábado 15 de abril, en horario de 10 a 14 horas, unha charla para familias sobre o espectro autista.

    Ponteareas sae á rúa para concienciar sobre o autismo

    Ponteareas súmase este 2 de abril á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo saíndo á rúa. O Concello e a asociación Familias Azuis organizan este domingo a partir das 12.00 horas na Praza Maior un acto co que “aumentar a conciencia social sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) para que a veciñanza saiba que con pequenos xestos todas e todos podemos contribuír á inclusión de persoas con este trastorno”, como sinala a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

    Nigrán instala un sistema de alumeado de cores na Ponte da Ramallosa

    O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema 'Podo aprender. Podo traballar', dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias a educación e o emprego.

    Familias Azuis ofrece formación para familiares de persoas con autismo

    A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a participar na charla "Unha familia con autismo na miña familia" organizada por Familias Azuis en colaboración con Autismo Galicia e co apoio do Concello de Ponteareas.

    O Concello de Nigrán consigna 4.000 euros anuais á Fundación Menela para proxectos de apoio ás persoas con autismo e ás súas familias

    O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' consignando por vez primeira na súa Historia unha axuda directa de 4.000 € anuais ata o ano 2023 ao centro Castro Navás da Fundación Menela, situado na parroquia de Priegue. O obxectivo desta nova liña estratéxica aprobada no Pleno de onte é constribuír á axuda ás persoas con trastorno do espectro autismo e as súas familias a través do plan que a dirección da entidade considere oportuno deseñar.

    Nigrán tínguese de azul para concienciar á cidadanía sobre o autismo

    Un ano máis o Concello de Nigrán uniuse á Fundación Menela para tinguirse de azul, esta pasada noite, coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Nesta ocasión celébrase baixo o lema 'Podo aprender. Podo traballar', dous eixos claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias: a educación e o emprego.

    O venres, última etapa de «Xacobeo Autismo. Un camiño de todos»

    Concello de Nigrán e a Fundación Menela celebran este venres 11 de outubro a derradeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos’ no que usuarios da Fundación Menela concluirán a ruta xacobea pola costa cun acto no Auditorio Municipal. O Concello fai un chamamento á participación dos centros educativos e de toda a veciñanza en xeral para que se una a esta xornada.

    Arranca na Guarda a primeira etapa de ‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’

    O alcalde de Nigrán, Juan González, e dúas das súas concelleiras participaron hoxe na primeira etapa do proxecto 'Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos', no que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) xunto a persoal especializado percorrerán a ruta oficial pola costa dende A Guarda ata Nigrán.

    O obradoiro ‘Percorre Tui’ realizou visitas para os participantes no campamento de ‘Un Máis’

    Alumnado da especialidade de 'Promoción turística local e información ao visitante' do obradoiro de emprego 'Percorre Tui' realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación...

    Ponteareas reafirma o seu compromiso cunha sociedade inclusiva e igualitaria

    A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, está a colaborar con 'Familias Azuis' no desenvolvemento do programa TEApuntas, iniciativa que durante tres xornadas permitirá que as persoas con autismo desfruten dunha actividade que favorece e mellora as habilidades sociais de forma espontánea. O pasado xoves día 4 os...

    Baiona súmase á campaña ‘Iluminao Azul’ de concienciación sobre o autismo

    Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Concello de Baiona iluminará de azul, durante a tarde noite do 2 ao 3 de abril, tres dos máis significativos edificios e monumentos da localidade que serán a Casa do Concello, o Cruceiro da Santísima Trindade...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.