13.3 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán festexa por todo o alto o 20 aniversario da banda 'Dakidarría'

    Nigrán festexa por todo o alto o 20 aniversario da banda ‘Dakidarría’

    Corría o mes de febreiro de 2003 cando catro estudantes do IES Val Miñor realizaban o seu primeiro concerto como ‘Dakidarría’ no Bar Patos, no marco da campaña do colectivo ‘Burla Negra’ xurdido tras a catástrofe do Prestige. Vinte anos despois, a banda liderada polo veciño de Priegue ‘Gabri’ Reigosa sigue totalmente en activo e é unha referencia da música punk, ska e reggae en Galicia. Por este motivo, o Concello de Nigrán quere festexar o seu 20 aniversario ‘en casa’.

    A cita, única na comarca, será o vindeiro venres 18 de agosto no espazo deportivo de Gaifar (Panxón) e no marco, precisamente, da xira conmemorativa que Dakidarría está a realizar por todo o estado e que tamén vivirá un momento especial no Festival Revenidas, en setembro. O evento, de entrada libre, arrancará ás 21:00 horas co grupo de Baiona ‘Xente Tóxica’ e a continuación ‘Pauliña’ para dar paso ás 23:30 ao gran concerto de ‘Dakidarría’ no que repasarán toda a súa traxectoria. Como é habitual no Concello, estarán dispoñibles as mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.

    “Tiñamos unha débeda con Dakidarría e, como Concello, estamos moi orgullosos de poder ‘saldala’ con este gran concerto na casa que, precisamente, repasa os seus 20 anos de traxectoria”, refire o alcalde, Juan González. Pola súa parte, ‘Gabri’ Reigosa, único membro fundador que se mantén, promete un concerto espectacular “cheo de emocións, con artistas invitados e moitas sorpresas”. “É a primeira vez que o Concello de Nigrán, onde nacemos como banda, nos contrata, e o asumimos como un recoñecemento público ao noso traballo e con moito orgullo, é moi especial para min tocar na casa”, admite o líder dun equipo composto por 16 profesionais (9 músicos e 7 técnicos) a maioría da comarca do Val Miñor. Esta xira conmemorativa está chea de actividades para o grupo miñorán, que hai tan só un ano publicaba o seu disco ‘Colaxe’ e que agarda permanecer na escea “polo menos 20 anos máis”.

    O concerto en Nigrán será gravado e pasará a formar parte dun documental que tentará plasmar a realidade actual da banda e o longo camiño percorrido ata o día de hoxe. Ademais, a marca nigranesa de Cervexas Banda-Triskale dos irmáns Toledano, vellos amigos do grupo, disporá no recinto de Gaifar dunha barra onde brillarán especialmente as súas marcas ‘Dakidarría’ (creada no 2018, a primeira cervexa ‘temática’ que realizaron) e ‘Nigrán, equilibrio natural’ (xurdida no ano 2020 a petición do Concello).

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS