15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán estrea o seu primeiro horto urbán comunitario

    Nigrán estrea o seu primeiro horto urbán comunitario

    Trátase dun espazo de traballo común dirixido mediante un calendario de tarefas e, no momento da colleita, realizarase un reparto equitativo entre todos os participantes

    O Concello de Nigrán estreou este sábado no núcleo urbano da Ramallosa (ao carón da piscina) o seu primeiro horto urbano comunitario da man da cooperativa local ‘SomosTerra’, encargada tamén de dirixir este curso os cultivos nos centros escolares de Nigrán (promovidos tamén desde o Consistorio). En total, 40 familias anotadas participaron o sábado a mediodía na primeira xornada de plantación.

    Nesta sesión inaugural explicouse o sistema de organización e funcionamento da horta para, a continuación, plantar unha azalea no centro que dá sombra a aromáticas (perexil, albáfega, tomiño, ourego, ruda…), ademais de sementar leitugas e allo porros, acelga vermella, taxetes, patacas e fresas. Todos eles cultivos asociados que se benefician mutuamente. A seguinte sesión estará adicada aos froitos propios do verán: xudía, cabaciño, tomates e pementos.

    “Con este proxecto queremos promover o autocultivo nunha contorna que actualmente é moito máis urbana que o interior do municipio, fomentar hábitos saudables e potenciar a sensibilidade ambiental”, explica o alcalde, Juan González

    A principal característica desta horta deseñada en 13 bancais que conforman un hexágono é que é comunitara, todos os usuarios realizarán os traballos conxuntamente polo ben común e non en parcelas de uso individual, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo entre todos. Para elo, Diana, Eva e Raquel, de SomosTerra, establecen un calendario de tarefas para que os inscritos as sigan.

    “Será un espazo de convivencia e de encontro entre veciños, por iso promoveremos tamén o intercambio de sementes e a creación dun banco que recompile as variedades locais”, explican.

    “Esta zona verde da Praza Carlos Casares, que non se empregaba para nada e pasaba totalmente desapercibida, se transformará nun punto de encontro onde florecerán os mellores valores e dos que como goberno nos sentimos máis orgullosos de promover”, conclúe o alcalde.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS