11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán convocará unha quinta liña de axudas Covid para perruquería, estética, academias...

    Nigrán convocará unha quinta liña de axudas Covid para perruquería, estética, academias e librarías

    A técnica de emprego colaborará desde este luns 17 de xaneiro cos posibles beneficiarios para preparar a documentación precisa

    O Concello de Nigrán abirá nos vindeiros días o prazo de solicitude de axudas para un quinto plan municipal destinado a paliar os efectos da Covid-19 no sector das perruquerías, estética, academias e librarías. A este fin ten consignados 51.526 € procedentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra dirixida a aliviar a situación económica dos sectores máis afectados pola pandemia, que percibirían 1.200 € por negocio. Deste xeito, o Concello de Nigrán convértese nun dos máis proactivos de Galicia ao respecto ao sumar un total de 341.000 € en axudas  municipais (anteriormente foron para os sectores hostaleiro, do taxi, hospedaxe, mariñeiro e centros de rendemento deportivo, sumando estas en total 290.000 € en catro convocatorias diferentes).

    “Consideramos que con este quinto plan o Concello de Nigrán ten chegado aos sectores que máis sufriron os peches sanitarios e, no caso de perruquerías e centros de estética, son negocios que levan tempo pedido ao goberno central unha rebaixa do IVA precisamente pola crise que están a sufrir. Paralelamente continuamos co noso esforzo por promover o comercio de proximidade entre a veciñanza como xeito de vida e de municipio sostible”, argumenta o alcalde, Juan González, quen explicou hoxe esta nova liña á Asociación de Empresarios Ovalmi.

    Como nos anteriores plans, as axudas son de 1.200 € para cada establecemento e concederanse ata o esgotamente de fondos aplicándose o criterio de orde de entrada no Rexistro Municipal. Igualmente, resulta compatible con calquera outra subvención, sexa da administración que sexa.l

    Concretamente, as bases desta convocatoria indica que os beneficiarios son microempresas, pequenas empresas ou autónomos incluídos nos epígrafes de salóns de perruquería e institutos de beleza (972), maquilladores e esteticistas (877), ensinanza non reglada de formación (932), persoal docente de ensinanzas diversas (826) e comercio polo miudo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio e artigos de debuxo e Belas Artes (654,4). Considéranse micro empresa ou pequena empresa aquelas que contan con ata dez persoas e non superen o millón de euros de importe neto de cifra de negocios.

    A técnica de Emprego do Concello de Nigrán revisará desde este luns 17 de xaneiro con cada posible beneficiario das axudas (os casos incluídos nos epígrafes sinalados) a documentación que precisa ter lista para cando se abra o prazo, que será de dez días.  O contacto é no 986365000 (extensión Emprego), presencialmente ou no correo m.jose.vazquez@nigran.org. O Concello informará convintemente cando abra oficialmente o prazo e as bases serán penduradas na sede electrónica da web municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.