16.5 C
Pontevedra
Xoves, 24 de Xuño de 2021
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán continúa coa súa aposta polo comercio local lanzando os primeiros vídeos...

    Nigrán continúa coa súa aposta polo comercio local lanzando os primeiros vídeos da campaña ‘Eu son de mercar en Nigrán’

    O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña de promoción do comercio local ‘Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?’ co lanzamento hoxe ás 17:00 horas nas súas redes sociais do primeiro dos vídeos. Así, a estrea estará protagonizada por Amador Domínguez, propietario desde hai 17 anos do xa histórico establecemento Venus, situado no centro do municipio. Ao longo dos vindeiros meses o Concello irá lanzando sucesivos vídeos de menos de 3 minutos de duración con cadanseu comerciante narrando a súa historia persoal ao tempo que invita a consumir localmente, xuntos representarán ao tecido empresarial do municipio ao ser de diferentes sectores e parroquias. A participación nesta campaña, que consta tamén de vallas, carteis, pegatinas, vinilos e bolsas de papel kraf, manterase ao longo de todo o ano e está aberta a quen desexe participar previa solicitude a comunicacion@nigran.org.

    “Como xa fixemos no Nadal, queríamos que os comerciantes de Nigrán fosen precisamente os protagonistas das iniciativas do Concello para promover o consumo de proximidade, nada mellor que eles para recordarnos que somos veciños, que o seu trato é cercano, que a riqueza se queda no pobo… etc”, subliña o alcalde, Juan González, quen agradece a Ovalmi a súa colaboración para poder levar adiante esta nova campaña que inclúe difusión publicitaria e en redes, regalo de 8.000 bolsas e carteis entre o pequeno comercio, vinilos para escaparates, pegatinas, etc (os non asociados a Ovalmi todavía poden adquirir o seu lote dirixíndose ao Concello, Oficina de Información Cidadá, de luns a venres de 9:00 a 14:00). Todo o deseño é obra, precisamente, da deseñadora gráfica de Nigrán Olalla Fernández e a empresa Ño! Espazo Creativo.

    Persoal do establecemento Venus

    Nesta primeira fase, un  un total de vinte comerciantes aparecen na cartelería e agora en oito vídeos para recordar ao consumidor que non é preciso saír de Nigrán para mercar produtos da mellor calidade ou de gran singularidade. Así, se nos carteis participaron desde unha peixaría a un centro de estética, tendas de roupa, establecementos hostaleiros, bazares, un taller de rodas, unha mercería, perruquerías… nos vídeos sairán desde un centro de estética a unha parella de agricultores, un restaurador…

    “Esta é a campaña municipal máis ambiciosa ata o momento, as anteriores tiveron moito éxito e queremos seguir apelando á responsabilidade individual para que as nosas rúas sigan con vida e para que superemos xuntos esta crise sanitaria e económica, por iso queremos poñerlle cara aos nosos veciños comerciantes”, insiste o rexedor   

    O Concello de Nigrán xa ten elaborado e difundido con anterioridade un decálogo que enumera os motivos para mercar no municipio: “Porque xuntos venceremos esta crise. Porque somos veciños. Porque cando todo isto pase seguiremos mantendo as rúas con vida. Porque axudas as persoas emprendedoras e xeras emprego. Porque a riqueza se queda no pobo. Porque evitas maiores desprazamentos e resulta ecolóxico. Porque aínda que agora o tape a máscara, sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas”.

    COLABORACIÓNS

    Amandi, un tesoro en la Ribeira Sacra

    Hoy, en la nueva entrada de 'Cuando sube la marea', os comparto mi día de ruta por la Ribeira Sacra. ¡No os la podéis perder! Si en la anterior publicación os contaba que he nacido en Sober (Lugo), hoy os traigo un plan muy completo para conocer la zona y disfrutarla, si cabe, todavía más.

    Ponteareas, ciudad de 15 minutos

    El arquitecto franco-colombiano Carlos Moreno definió el concepto 'ciudad de 15 minutos' antes de la llegada de la pandemia, y Anne Hidalgo, alcaldesa de París, lo encontró tan atractivo que lo adoptó como modelo de desarrollo para su ciudad. Posteriormente otras ciudades importantes como Milán, Otawa, Copenhague o Barcelona han seguido la misma dirección, adaptando el modelo a sus realidades.

    A peregrinación de Giovanni Battista Confalonieri en maio de 1594

    Unha das mais citadas peregrinacións polo Camiño Portugués é a relatada polo crego italiano, Giovanni Battista Confalonieri, que realiza no ano 1594. O seu relato titúlase Memoria di alcune cose notabili accorse nel viaggio fatto da me, Giovanni Battista Confalonieri, Sacerdote romano da Roma in Portogallo e foi publicado...

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    6 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    2 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    40 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    31 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS