O Concello de Nigrán tramita o expediente para poder alugar de xeito transparente unha nova finca céntrica que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán, onde a promotora propietaria da parcela iniciou hoxe as obras para construír 40 chalés pareados, polo que este espazo cedido de xeito gratuíto no 2013 está xa inoperativo.
Dende o Concello xa se mantiveron contactos con dous propietarios de parcelas moi próximas ao consistorio interesados en alugalas, estando o expediente xa en marcha para resolvelo nas vindeiras semanas.

“
“Non perdemos un parking porque o substituiremos por outro antes de fin de ano, o relevante é que Nigrán despega económicamente tras a grave crise da construción”, sinala o alcalde, Juan González
“Non perdemos un parking porque o substituiremos por outro tamén gratuíto antes de fin de ano, o relevante é que Nigrán despega económicamente tras a grave crise da construción e que con esta urbanización o Concello gaña espazo dotacional e 4 parcelas edificables. Sabemos que para moitos veciños isto é un inconvinte e unha incomodidade pero lles pedimos paciencia porque antes de fin de ano teremos unha alternativa igual de válida xa funcionando”, sinala o alcalde, Juan González.
O rexedor local explica que o aluguer dunha finca por parte dun organismo público “conleva unha tramitación transparente que dé igualdade de oportunidade a tódolos propietarios interesados en concorrer”. “Faremos un anuncio público que contemplará, entre os diferentes requerimentos, a máxima proximidade ao núcleo urbano, e con este condicionante actualmente xa dispomos de dúas alternativas”, indica González, quen mantivo contactos cos propietarios de dúas parcelas de tamaño superior á de Vilameán e igual de próximas a Casa Consistorial.
“Ter un espazo de aparcamento gratuíto para os veciños é unha prioridade porque somos conscientes do beneficio que supón para os veciños que non viven no núcleo urbano e para o comercio e empresas da zona”, engade.
A parcela de Vilameán funcionou dende 2013 como aparcamento público cunha media de 50 coches aparcados a diario (o dobre durante a tempada estival). Así, este espazo da Unidad de actuación 3 (UA3) de 12.963 m2 supón xunto ao da Avenida Val Miñor (fronte a antiga Vanitas) a reactivación do sector da construción en Nigrán trala forte crise da construción, xa que son as primeiras licencias de vivendas que se outorgan no municipio dende o ano 2007.
Na parcela de Vilameán construiranse 40 chalés pareados xa vendidos sobre plano, e na Avenida Val Miñor un bloque con 46 pisos, a maior promoción en máis dunha década.