O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2023’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Un ano máis o Concello aumenta as prazas con respecto ao ano anterior, pasando das 120 de 2021 ás 192 deste verán (o ano pasado foron 180). O obxectivo deste incremento é dar cabida a todas as familias solicitantes.
O campamento está destinado a nenos empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 26 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 9 de maio. O campamento desenvolverase no C.E.P.I. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-index.xhtml.
Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: [email protected].