13.3 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán adquire composteiros para repartir entre a veciñanza

    Nigrán adquire composteiros para repartir entre a veciñanza

    O Concello de Nigrán ven de adquirir 200 novos composteiros individuais para repartir gratuitamente entre a veciñanza que o solicite no mail conserxeria@nigran.org ou no teléfono 986365000. Os interesados deben estar empadroados no municipio e contar con finca ou xardín, ademais de non ter recibido outro anteriormente. A entrega realizarase segundo rigorosa orde de inscrición ata esgotarse a remesa.

    O Concello de Nigrán entregou nos anos pasados outras 200 unidades entre os veciños que o solicitaron. Trátse dun obxectivo do goberno local o incentivo deste tipo de tratamento dos residuos orgánicos en cada fogar porque forma parte da denominada economía circular e dunha das estratexias locais para o desenvolvemento dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.