8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: rexistro xeral

    Nigrán abre o Rexistro este luns mediante cita previa e a Biblioteca só para préstamos e devolucións

    O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, reabrirá este luns 25 de maio a Biblioteca Municipal de 9:00 a 15:00 sólo para préstamos e devolucións e o Rexistro de momento só mediante cita previa (será así mentres os prazos administrativos continúen suspendidos). As persoas que precisen acudir ao Rexistro deberán solicitar cita no 986 365 000 ou a través do mail rexistro@nigran.org.

    Redondela reforma as oficinas do Rexistro Xeral do Concello

    As actuais Oficinas do Rexistro do Concello de Redondela teñen os días contados xa que, segundo adiantou o Goberno local que preside Digna Rivas, na vindeira semana está previsto que comecen as obras de reforma e ampliación deste espazo para adaptalo á Ley de Accesibilidade e á Ley de Procedemento Administrativo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.