O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, reabrirá este luns 25 de maio a Biblioteca Municipal de 9:00 a 15:00 sólo para préstamos e devolucións e o Rexistro de momento só mediante cita previa (será así mentres os prazos administrativos continúen suspendidos). As persoas que precisen acudir ao Rexistro deberán solicitar cita no 986 365 000 ou a través do mail [email protected].

O Concello de Nigrán, ante esta apertura, ubicou mamparas nos mostradores de Rexistro e Información, subministro de xel hidroalcohólico e insiste á cidadanía en que será obrigatorio acudir con máscara para garantir a saúde de todos. Deste xeito, o acceso ao Concello limitarase para as persoas que acuden ao Rexistro coa cita previa como medida de seguridade para evitar calquera concentración humana. Todos os demais servizos municipáis continuarán a desenvolverse mediante atención telefónica, tal e como se ven facendo.
Coincidindo co inicio da fase 3 da desescalada o 8 de xuño (se Galicia pasa a esta fase) está previsto que a Biblioteca Municipal abra ao público as súas dependencias cun aforo máis limitado para garantir o distanciamento social. Tamén neste momento está previsto que se retome boa parte da actividade presencial na Casa Consistorial cumprindo sempre coas medidas de seguridade que se indiquen.