Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán abre as inscricións para unha excursión de maiores a Portugal

Terá lugar unha visita a unha bodega-museo e ao santuario ‘Noso Senhor da Pedra’. O custo total é de 30 €

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este luns 6 de Marzo de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón para unha excursión a Portugal o domingo 12 de marzo.

A excursión inclúe unha visita en Sangalhosá á bodega ‘Museo Aliança Underground’ con degustación incluída, a continuación comida en restaurante do típico ‘bacalhau ao forno’ e, xa pola tarde, visita ao santuario ‘Noso Senhor da Pedra’. O regreso será aproximadamente ás 20:00 horas. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 30 €/persoa. Esta destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada.