Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

Os interesados deben anotarse no mail [email protected] aportando os seus datos. O seguinte roteiro é o circular das Medoñas o xoves 20

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, tamén está aberto o prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Priegue (roteiro circular das ‘Medoñas´) con saída ás 10:00 desde o Camiño do Monte, 21. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.